Configurar a cámera na Raspberry
Neste post vou explicar como instalar o módulo da cámara para Raspberry Pi e como facer fotos e vídeo con ela.
- Xuntar todo o material: a Raspberry Pi e a cámara.
- Instala a cámara na Raspberry Pi. Importante os fios teñen que quedar mirando cara o conector HDMI. (ver foto)
- Encende a tua Raspberry Pi.
- No terminal executa sudo raspi-config e sairache a seguinte pantalla na cal activaras “enable camera “
- Desprazate ata a opción “cámara”, e deixala habilitada e pulsas finalizar e teraseche que reiniciar a Raspberry Pi.
Agora xa tes configurada a Raspberry Pi e poderas capturar videso e foto empregando o comando _raspistill_Algúns exemplos son:
- Capturar unha imaxen: raspistill -o image.jpg
- Capturar 10 segundos de video: raspivid -o video.h264 -t 10000